sábado, 6 de febrero de 2010

O BNG lamenta a improvisación na recollida de voluminosos.

Este mini vertedero se encuentra en el Ameneiral (Perlío)
al lado del aparcamiento público desde el pasado día 26 de enero

Os veciños e veciñas de Fene descoñecen o novo servizo que deu comenzo o pasado mes de xaneiro.

Unha vez máis o Goberno de Iván Puentes, dedicouse a improvisación, nesta ocasión, trátese do Servizo de Recollida de Voluminosos, o 31 de Decembro a empresa que realizaba o servizo rematou o seu contrato. A nova empresa cambiaronlle as condicións do servizo sen darlle información aos veciños e veciñas, ás sociedades e ás asociación de veciños, que unha vez máis son meros espectadores dos cambios que están a pasar no concello.

Son moitos os que están a chamar o nº gratuito de Recollida de Voluminosos que tiña anteriormente o Concello, e cal é a súa sorpresa cando lles din que esa empresa xa non realiza o servizo. Creando isto unha situación de desinformación e dunha mala xestión municipal.

Á concelleira nacionalista Inés Roca dí “Algún presidente das AAVV comentounos, que xa non sabe que facer, que a xente lle pregunta que esta a pasar e non sabe darlles resposta, que con todo isto éstase a conseguir que desaparezcan as AAVV, pois nunca foron tan ignoradas e ninguneadas.”

Cando se realiza un cambio, hai que informar á xente antes de facelo e non dous meses despois, cando o caos xa está creado. No mes de marzo, o concelleiro de servizos, ten previsto reunirse coas sociedades, isto respostouno Jose A López Rodriguez no último Pleno ante a pregunta do BNG.

O BNG pídelle o Alcalde e ao PSOE que deixe a improvisación, e que mande información a tódalas casas e que mellore a relación coas distintas sociedades do concello, que levan moito tempo traballando para as súas parroquias e que non merecen ser ignoradas constantemente.

Dende o BNG informamos que para este novo servizo non fai falta chamar a ningún nº todos os veciños/as poden botar os seus enseres os martes á noite sen necesidade de avisar, o BNG ven observando que isto non funciona ben, pois son moitos os camiños e rúas do concello que teñen voluminosos depositados e que non foron recollidos, pois deste modo é moi díficil facer una recollida en todolos puntos, pois terían que ir por todo o concello, ao non levar outro tipo de control.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario