Os nacionalistas feneses esixen a PSOE e PP colaboración institucional para solucionar os verquidos do colector nas praias de Limodre. Para o portavoz nacionalista no Concello Fenés, Manuel Polo, “hai unha resposabilidade evidente no goberno municipal, na falla de mantemento deste colector xeral. Estamos seguros que nen se revisaron os rexistros e aliviadeiros, nen se lle deron as limpezas necesarias cada ano ao colector”.
No BNG pedímoslle ao PP que demostre a súa capacidade de xestión para que o goberno autonómico colabore na solución do problema, e non faga como o Alcalde de Fene, enguedellar máis a cuestión.
O BNG gobernou Fene durante 28 anos e tivo unha teima especial en que todo o concello estivera saneado e con acceso á rede. O que non é responsabilidade municipal é o incumprimento sistemático dos gobernos do PP e do PSOE tanto a nivel autonómico como central na construción das dúas EDAR da ría tan necesarias para o seu saneamento e que tanto retraso levan. Para nós o fundamental e que se lle arranxe este problema problerma aos veciños axiña, polo que esiximos a PP e PSOE iniciativa e colaboración e menos fogos artificiais.
Po último queremos indicar que no BNG ofrecemos toda a nosa colaboración para solucionar o problema, a pesares de que o Alcalde non se dirixiu a nós para dar unha explicación da situación nen dos pasos que se están a dar para arranxar o problema dos verquidos.
.
El Bloque gobernó Fene 28 años porque lamentablemente durante todo ese tiempo no tuvo oposición. Puede que al principio hicieran algo bien, pero después fue desastrosa su gestión, desaprovechándo el periodo de bonanza de los astilleros para dotar al concello de buenas infraestructuras. Vamos, que si estuvieron 28 años más que por sus méritos fue por la nula oposición que tuvo, tanto por parte del del pesoe como del pp (estos últimos muy mal cuadno la dura reconversión), a ver si eso cambia de una vez.
ResponderEliminarDeberían aclarar los del BNG porque dejaron hacer un polígono SIN DEPURADORA y dejaron enganchar en un alcantarillado que era solo para el servicio de los vecinos. Mucho bla bla pero el pasado no se puede borrar.
ResponderEliminarE que pasa con dous anos de goberno bipartito. Non ten o BNG ninguha responsabilidad. Que facil é olvidarse de todo cando non conven.
ResponderEliminar