miércoles, 20 de enero de 2010

O BNG de Fene apoia as demandas dos traballadores do sector deportivo.

Este apoio será efectivo, presentando unha moción, do mesmo xeito que se veñen de aprobar nos concello de Narón e Ferrol. A proposta nacionalista recibiu o apio unánime do Pleno ferrolán e en Narón foi o PP coa súa abstención quen rachou este consenso.

O portavoz nacionalista no Concello de Fene, Manuel Polo, apoia ao 100% as reivindicacións sindicais de ter un Convenio galego no que se homologuen a todos os empregados e empregadas deste sector e ao mesmo tempo que acadaden uns salarios dignos. A parte social, que representa a 3.000 persoas en Galiza, está a reivindicar salarios de 1000 € para o ano 2012.

“Presentaremos unha mocion de apoio na vindeira Comisión informativa de dinamización social prevista para o xoves 28 de xaneiro” afirma o Portavoz nacionalista. Dende o BNG agardamos que na xuntanza da mesa nogociadora de hoxe mércores se acheguen posturas para chegar a un acordo e obter así un convenio bo para os traballadores e traballadoras.

Para Manuel Polo resulta preocupante que a concellaría de deportes do Concello de Fene(Carmen Silvar PSOE) peche unilateralmente a piscina municipal indicando nunha circular que o mesmo é debido “ás amenazas verquidas polos piquetes informativos e polos posibles danos nas instalacións” e non apostando decididamente polo apoio a esta mobilización.

O concello de Fene conta dende hai anos cun número importante de traballadores e traballadoras deste sector que poden ver melloradas as súas condicións laborais, na actualidade en torno a 20, que fan posible as escolas deportivas municipais e a limpeza e mantemento das diferentes instalacións deportivas do concello.

O portavoz do BNG, Manuel Polo, nen ningún membro do grupo van entrar a considerar as declaracións feitas polo representantes da CIG e UGT xa que as consideran unha cortina de fume de Pintos para distanciarse da postura mantida polo BNG neste conflicto.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario