martes, 19 de enero de 2010

NOTA DE PRENSA DEL BNG

O Bloque presenta en Fene a moción contra o decreto do Galego no ensino.

O portavoz nacionalista Manuel Polo, dí “o coñecemento de varias linguas non vale de excusa para non coñecer e usar o galego” e fai un chamamento para que toda a comunidade educativa pare a actividade académica o día 21, e en especial faise as ANPAS dos centros de infantil e primaria onde o alumnado non pode decidir por si mesmo non asistir ás aulas.

A moción presentada no concello fenés é a mesma que ven presentando o BNG no resto dos concellos do país. A propostas de resolución é:

Instar á Xunta de Galiza a

1. Retirar o borrador do novo Decreto sobre o uso das linguas vehiculares no ensino, presentado o pasado día 30 de decembro diante da opinión pública.

2. Cumprir as obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza en todos os planos da vida pública, de acordo co artigo 5 do Estatuto de Autonomía.

3. Retornar ao consenso político e social que se estabelece no marco normativo da Lei de Normalización Lingüística e no Decreto 124/2007, consecuencia do Plano de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade das forzas parlamentares.

Galiza Nova chama ao estudantado a secundar a folga convocada por Queremos Galego

Dentro da campaña de sensibilización en contra deste decreto galegófobo, Galiza Nova en Fene está a facer un traballo moi importante de información nos centros de ensino, nomeadamente no IES e CEFP de Fene e nos CPI da Xunqueira e a Jorge Juan. Nos que se busca o apoio do alumnado de secundaria, bacharelato e os ciclos formativos de FP. A campaña informativa que baixo o lema “Nas aulas da Galiza, queremos galego”, fai un chamamento á mocidade a secundar a folga convocada para o vindeiro 21 de xaneiro pola Plataforma Queremos Galego.

Tanto dende o BNG como das súas organización xuvenil de Galiza Nova animamos ao estudantado a erguer a súa voz parando as aulas o 21 de xaneiro e animamos a todo omundo a participar na manifestación que partirá ese mesmo día ás 11.30h da Alameda de Compostela.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario