miércoles, 30 de diciembre de 2009

O 2009 sen orzamentos en Fene, e o 2010 ?

O portavoz do BNG de Fene presenta as bases para o orzamento do 2010.

O documento foi rexistrado hoxe 30 de decembro e dirixido a todos os grupos políticos e ao movemento asociativo.

Manuel Polo, portavoz do BNG no concello fenés, ven de entregar antes do remate do ano 2009,un documento que sirva de base para a elaboración e aprobación do orzamento 2010.

Segundo o artigo 112.4 da Lei de Bases de Rexime Local, "a aprobación definitiva do Presuposto polo Pleno da Corporación, haberá de realizarse antes do 31 de decembro do ano anterior ao exercicio no que deba aplicarse". O Concello de Fene incumprirá para o 2010 esta recomendación legal, ao non ter convocada a sesión plenaria para aprobar ingresos e gastos. Iso é máis grave despois de que no 2009, o municipio quedara sen presupostos aprobados, por primeira vez dende 1979. Diante da incapacidade manifestada polo alcalde Iván Puentes, e os seus sucesivos concelleiros de Facenda, que anunciaron durante todo o ano a presentación dos presupostos "para a próxima semana", moito nos tememos que a tónica será a mesma durante o 2010.

O BNG consciente da responsabilidade cos seus electores e co conxunto da cidadanía de Fene presenta a documentación básica e necesaria para a elaboración definitiva dos orzamentos, polo rexistro do Concello. De xeito simultáneo enviouse aos restantes grupos políticos da Corporación e máis ao movemento asociativo.

Obxectivos principais

O BNG define criterios e medidas para a confección do orzamento do 2010.

Podemos resumir os criterios de elaboración en:

1.-Participación veciñal e política na confección do documento.

2.-Contención e control no gasto corrente.

3.-Conter a débeda. So en casos xustificados de investimentos ou merca de patrimonio seremos partidarios de facer operacións de creto.

4. Executar os investimentos xa comprometidos como por exemplo os Plans Provinciais POS 2007, 2008, 2009, 2010, PCC 2007, PCP 2007 e os diferentes convenios asinados coa deputación da Coruña.

5.- Crear emprego e formación dende o concello. Mediante a potenciación da área de formación e emprego.

Medidas

1.- Crear un Plan Fene de emprego que debe definir un proxecto con obxectivos, finalidades e prazos. Este Plan terá que complementarse e negociarse co Plan de Emprego da Xunta de Galicia.


2.- Plan de choque 2010-2011 de 1 millón de euros para investimentos que complementen e melloren os Plans de outras administracións.

3.- Incrementar as partidas do Servizo de axuda no fogar, emerxencia social, axudas ás familias, becas para libros e material escolar, e manter o gasto cultural e deportivo.

4.- Conxelar das partidas dedicadas aos grupos políticos e as asignacións aos cargos públicos.

5.- Incluír unha partida de 300.000 € para mercar terreos para a executar o Auditorio e apertura e ensanchado de rúas.

6.- Duplicar as axudas ao movemento asociativo facendo un programa de subvencións 2009-2010 recuperando en certa medida os anos perdidos.

7.- Reducir os consumos enerxéticos e de comunicación (luz, gasóleo, gas,..) mediante sustitucións de lámpadas, modificación dos horarios dos alumeados, control dos termostatos e melloras nas portas dos edificios públicos.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario