viernes, 26 de junio de 2009

Proxecto da Senda Marítima

Puentes se reúne esta mañá coa Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar para solicitar que se priorice a execución da senda marítima de San Valentín a Mugardos


A xuntanza xurde como resultado do encontro mantido a semana pasada con Antón Louro, e pretende darlle celeridade a unha obra valorada en 3 millóns de euros.

O Alcalde de Fene se reúne esta mañá en Madrid con Alicia Paz Antolín, Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar para presentarlle o proxecto da Senda Marítima que percorrerá o Concello dende San Valentín ata Mugardos, pasando pola costa de Perlío, Barallobre e Maniños.

A xuntanza é froito do encontro que Iván Puentes mantivo a semana pasada co Delegado do Goberno, na que o rexedor reclamou a necesidade de que o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño consigne fondos e acometa canto antes o proxecto de rexeneración da fachada marítima de Fene, que inclúe a construción dunha senda peonil.

O proxecto, valorado en 3 millóns de euros está comprometido e redactado actualmente por Demarcación de Costas do Estado en Galicia. De feito, hai xa redactados dous proxectos para habilitar unha senda marítima en todo o litoral de ría de Ferrol, un para a zona de Maniños e outro para o área de Navantia, Perlío, Barallobre e San Valentín.

Así mesmo, recordaba Puentes, “existe tamén un compromiso por parte da Ministra Elena Espinosa para que este proxecto se convirta nunha realidade, tal e como nos fixo saber na súa visita a Fene a principios de ano”.

Con esta idea de priorizar a obra e incluíla non conxunto de infraestruras que se realicen dende o Goberno, mañá se espera obter unha resposta satisfactoria.

Fuente: Fene Cidadán

No hay comentarios:

Publicar un comentario