jueves, 3 de marzo de 2011

Xornada de portas abertas no colexio Os Casais de Maniños

O Colexio “Os Casais” de Maniños celebra mañán venres o Entroido 2011 cunha xornadas de portas abertas no centro. Están invitados os nenos e nenas matriculados e as súas respectivas familias. Tamén poden participar os pais de nenos de toda a parroquia que poden ser futuros alumnos do centro. Tamén asistirán ao longo da mañá o alcalde de Fene Iván Puentes e a concelleira de Ensino Carmen Silvar que realizarán unha visita ao centro para compartir un tempo coas familias de Maniños.

Convocatoria de Prensa

Convócase á prensa ás 13.00 horas no colexio xunto co alcalde e a concelleira. Realizaranse declaracións.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario