viernes, 4 de marzo de 2011

Fene organiza o seu encontro de artesáns en San Valentín

O alcalde Iván Puentes destaca o interese de dinamizar e potenciar a nosa cultura con este tipo de eventos

O encontró de artesáns coincidirá coa habitual reunión de “palilleiras” e celebrarase o vindeiro sábado 30 de abril

O alcalde de Fene Iván Puentes acompañado pola Concelleira de Cultura Carmén Silvar e o representante da Asociación Cultural “O Tadetas” Xosé María Permui, encargada da organización, presentaron esta mañá o “Encontro de Artesáns de Fene” que de novo terá ao barrio de San Valentín como escenario na xornada do sábado 30 de abril. O evento desenvolverase no pavillón polideportivo “A Xunqueira” e ao seu carón, polo Paseo Marítimo do barrio fenés. O Concello de Fene adica aproximadamente 4.000 euros a esta actividade onde se mistura o tradicional encontro de palilleiras coa concentración de artesáns. O representante da Asociación “O Tadetas” Xosé María Permui anunciou que nos vindeiros días abrirase o periodo de inscrición para os artesáns que queirán participar no evento. Permui adiantou que 90 palilleiras participarán no tradicional encontró que se celebra na pista do pavillón polideportivo. O alcalde Iván Puentes destacou o enorme traballo na organización deste tipo de eventos e recalcou o apoio do seu goberno a todo tipo de iniciativas que signifiquen a dinamización da nosa artesanía, cultura e tamén comercio local e hostelería.

Cartel

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario