jueves, 25 de octubre de 2012

Homenaxe a José Luís Sánchez Vázquez

Na tarde de onte na Casa da Cultura, tuvo lugar o acto de homenaxe a o profesor José Luís Sánchez Vázquez, ao que asistiron o Alcalde de Fene, Gumersindo Galego, a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa e familiares e amigos do homenaxeado, consistiu no descubrimento dunha praca na Biblioteca Municipal e na entrega dun pequeno agasallo á familia "en agradecemento ao profesor D. José Luís Sánchez Vázquez e familia pola súa contribución a incrementar os fondos de cine da Biblioteca Municipal Pérez Parallé de Fene". 

Tamén se proxectaron durante toda a tarde no salón de actos distintas películas protagonizadas por Marilyn Monroe, ao conmemorarse neste 2012 o cincuenta cabodano da actriz.

José Luís Sánchez Vázquez foi profesor de matemáticas do Colexio Jorge Juan de Perlío durante máis de trinta anos. Cinéfilo empedernido, este veciño de Fene acumulou durante toda a súa vida máis de dezasete mil películas e unha importante colección de libros e discos. Tralo seu falecemento en 2008, a familia de José Luís Sánchez Vázquez decidiu ceder boa parte da filmoteca á Biblioteca Municipal de Fene, estando a día de hoxe moitas das súas películas a disposición dos usuarios/as.

Fotos do acto











No hay comentarios:

Publicar un comentario