MERCADILLO

Mostrando entradas con la etiqueta Comunicado del CPS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comunicado del CPS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de julio de 2010

O CPS San Valentin teme o peche da Caixa Galicia da Parroquia.

A oficina de Caixa Galicia en San Valentín (Fene) pechou as súas portas durante os meses de xullo e agosto. O centro de Promoción Social teme que esta decisión sexa a antesala dun peche definitivo, no marco da fusión entre Caixa Galicia e Caixa Nova.
Unha parroquia de 2.500 habitantes, quédase así sen ningún tipo de oficina bancaria tendo os seus habitantes que desprazarse ata o centro de Fene, para calquera xestión coas entidades financieiras.

Normalmente tres empregados atendían a oficina de Caixa Galicia de San Valentín. Un deles está rebaixado dende xaneiro. A dirección da entidade aproveitou agora a tempada de vacacións para pechar o servizo, transladando ó empregado restante para o local da oficina de CG de Fene.

O Centro de Promoción Social de San Valentín, CPS, faise eco da protesta dos veciños e realizará xestión diante do alcalde e dos grupos da corporación municipal, solicitando a súa mediación para instar a Caixa Galicia a reapertura da oficina no mes de agosto. Non desbota así mesmo a convocatoria de medidas de presión diante do local de Caixa Galicia, na avenida Naturais de Fene.

Para o CPS a fusión das dúas entidades bancarias non é lóxico que provoque unha merma na atención aos clientes, nen tampouco unha disminución dos dereitos laborais e salariais dos empregados. Lembra o CPS que as caixas de aforros son entidades cun fin social e que o ánimo de lucro non debe ser o seu principal obxetivo.

.