jueves, 25 de octubre de 2012

Cándido Pazó na Casa da Cultura de Fene


“HISTORIAS E HISTERIAS” CON CÁNDIDO PAZO 

O popular contacontos presenta mañá na Casa da Cultura de Fene o seu último espectáculo Cándido Pazó actúa este venres, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22). O narrador, dramaturgo e contacontos vigués trae desta vez a Fene o seu “Historias e histerias”, espectáculo de contos, lerias e historias de xente de hoxe e doutros tempos que vai capeando a vida como pode porque “todo momento de histeria ten detrás a súa historia”. A entrada para asistir a esta función, que se encadra dentro da Rede Cultural da Deputación, será libre e gratuíta.

“Historias e histerias” é un espectáculo de narración oral, con textos de autores de diversos países e épocas, algúns adaptados en maior ou menor grao para facer posible o seu achegamento ao noso contexto e idiosincrasia. Son narracións curtas, seleccionadas para conformar unha variedade de espazos, paisaxes e climas emotivos, como unha invitación a realizar unha viaxe fora do cotiá e dentro do espírito humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario