O concello de Fene dende a Concelleria de Servizos Sociais, leva a cabo o programa de envellecemento activo no que se enmarca Tardes Activas. Con este proxecto preténdese promover esta perspectiva ofertando actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez co fin de que podan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio contribuindo a mellorar a imaxe social das persoas maiores e proporcione ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio.
TARDES ACTIVAS
TARDES ACTIVAS... é unha oferta de actividades nas que se conxuga o desenvolvemento da creatividade; o traballo do plano emocional e social; e o reforzo das capacidades intelectuais.
Continuando coas actividades xa iniciadas neste programa o mércores día 6 de abril ás 17.30 h na parroquia de Barallobre desenvolverase o Obradoiro da risa: no que se praticara a risa como elemento relaxante e comunicador, con actividades e dinámicas que provoquen en nós sentimentos positivos e relaxantes.
Desenvolveranse 2 sesións os días 6 e 13 de abril, en horario de 17.30 a 19.00 h.
O lugar de realización é o C.P.S. Liga de Amigos de Barallobre (Rúa Santiago, 42-44).
Está actividade está aberta a toda a poboación cun límite de 20 prazas que se cubriran por riguroso orden de inscrición. A actividade ten carácter gratuito.
Todas aquelas persoas interesadas en participar presentarán a folla de inscrición cuberta na entidade que se vai a realizar a actividade ou ben no departamento de servizos sociais.
A coordinadora desta iniciativa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez, e a empresa que se encargará da materialización do programa é AtalaiA.Social.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario