lunes, 4 de abril de 2011

Juventino Trigo aposta por xestionar o radar das Pías desde o Concello

O candidato á alcladía de Fene polo BNG, Juventino Trigo, sabe o que quere facer co radar de tráfico situado na Avenida das Pías. Lonxe de facer seguidismo do Ministerio do Interior, como o alcalde socialista, Trigo ten claro
que o radar de control de velocidade, “ou recada para as arcas municipais, ou non recada”.

Tal e como declarou o o candidato do BNG, “non é tolerable que desde os diferentes ministerios se trate ao concello de Fene como unha administración menor”. A estrada N-651 é de competencia estatal, pero o mantemento da mediana e das beirarrúas é municipal, así como a competencia de control do tráfico, da seguridade viaria e da regulación e a asistencia no caso de accidentes.

Ante unha evidencia deste calibre, que vén de ser confirmada pola recente sentencia a favor dun automobilista que declarou incompetente ao Ministerio do Interior para ter un radar na Avda.das Pías, desde o BNG entendemos que o radar ten que ser unha ferramenta positiva para o Concello e non un mero elemento recadatorio do Ministerio (hai que ter en conta que é un dos que máis recadan de todo o Estado).

Juventino Trigo asegura que “cunha boa xestión, os veciños e veciñas de Fene poden saír beneficiados dun acordo entre Concello de Fene e Ministerio do Interior en pé de iguladade”.

.

1 comentario:

  1. O radar, creo no e so pra recaudar como pensa este home,e si a sentencia di que non debe haber un radar pois que o quiten e o poñan en outro lugar donde sexa mais aproveitado pra evitar acidentes, como no Rego da Moa ou en Santa Ana. E na Avda das Pias que poñan semaforos e pasos axeitados a altura da Igrexa de Perlio e que vallen o resto.

    ResponderEliminar