• A xornada será presentada polo alcalde Ivan Puentes, que representa ao concello de Fene en Costa Noroeste.
• A ponencia correrá a cargo do Presidente da Asociación Cultural CaamoucoNet, Regino Varela.
O día 8 de abril, venres, ás 18 horas na Casa da Cultura de Fene, terá lugar a xornada de difusión “Uso e aplicación das tecnoloxías da información no ámbito asociativo”, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste.
Nesta xornada, Costa Noroeste pretende chamar a atención das vantaxes dos novos sistema de comunicación e promover o seu uso, para mellorar a capacidade de xestión da información e dos servizos que
ofrecen as entidades asociativas , así como propiciar a cooperación e a colaboración entre as mesmas.
Un obxectivo que encaixa perfectamente nun dos fins da propia Costa Noroeste, como é que propiciar a actualización permanente dos colectivos vinculados ao desenvolvemento rural, que sexan membros desta Asociación.
O relator será o Presidente da Asociación Cultural CaamoucoNet, que recentemente se incorporou, como socio á Mesa de Dinamización Sociocomunitaria de Costa Noroeste, conformada por 51 entidades, onde se agrupan asociacións sen ánimo de lucro relacionadas coa cultura, o deporte, entidades veciñais, ou medioambientais.
Esta xornada pretende transferir e compartir a ampla experiencia da asociación CaamoucoNet na difusión da información e da cultura do entorno, grazas a utilización das novas tecnoloxías e mellorar o a súa aplicación nas demais entidades asociativas.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario