miércoles, 16 de marzo de 2011
OBRADOIRO TEATRAL NA CASA DA CULTURA
Maña xoves, 17 de marzo ás 18.00 h, a Casa da Cultura de Fene acollerá un obradoiro a cargo da compañía de Factoría Teatro coa obra “Sr. Mundo, digamé?” .
Recital de poesía no que o fío conductor é uns poemas que Paula Carballeira lle regalou a Factoría Teatro. Poemas baseados en versos de Celso Emilio Ferreiro e no libro “Cacarabín, Cacarabón” de Antonio García Teijeiro, libro do folclore infantil e co que os nenos e nenas comprenden o marabilloso xogo do ritmo das palabras.
Obradoiro teatral dirixido a toda a familia e aconsellado para nenos e nenas de 6 a 8 anos de idade.
Actividade enmarcada no Programa Bocaberta da Secretaría Xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario