miércoles, 16 de marzo de 2011

Antón Louro destaca outras actuacións do Ministerio de Medio Ambiente en Fene por valor de 400.000 euros.

O delegado do Goberno destacou as melloras das praias de Coído e de Maniños como actuacións do Ministerio de Medio Ambiente en Fene


Os accesos ás praias de O Coído en Limodre e de Maniños na ría de Ferrol, así como a aportación de áridos a varios arenais da localidade e o acondicionamento da senda peonil con pasarelas de madeira na ría son algunhas das actuacións previstas polo Ministerio de Medio Ambiente no Concello de Fene, adiantou esta mañá o delegado do Goberno Antón Louro.
O representante da administración central destacou que o ministerio prevee un investimento de preto de 400.000 euros nestas actuacións dos acondicionamentos das praias de O Coído e Maniños.

O alcalde resaltou o forte investimento do Ministerio de Medio Ambiente que dirixe a ex alcaldesa de Córdoba Rosa Aguilar que se suma ás fortes actuacións previstas polo Ministerio de Fomento que dirixe o galego José Blanco. Puentes lembrou que tanto Aguilar como Blanco son “dous dos políticos que máis axudaron a Fene nos últimos anos coa súa xestión xunto coa Deputación de A Coruña”.

O alcalde amosouse contento desta xestión e destacou “o incremento da calidade de vida das fenesas e dos feneses nestes catro anos de goberno socialista no Concello”. O alcalde destacou que se seguirá por este vieiro de boa xestión de recursos do Concello e de boa xestión ante outras administración públicas. O rexedor lembrou que Fene “está a piques de pechar o mandato máis dinámico, activo e inversor dos 30 anos de democracia”.

.

5 comentarios:

  1. E o BNG non ten nada que dicir do comentario do Sr Alcalde “está a piques de pechar o mandato máis dinámico, activo e inversor dos 30 anos de democracia”.

    ResponderEliminar
  2. O Bng ten moito dicer, e os veciñ@s tamén!!

    ResponderEliminar
  3. Puentes en su línea. Vendiendo humo. Parques debajo de Puentes (es un simil) y sendas peoniles. Los cuatro años mas negros de la historia del municipalismo en Fene. Desgobierno, despilgarro y falta de ideas.

    ResponderEliminar
  4. PUES SI, POR NO DECIR LA CACICADA QUE SE HIZO EN EL APARCAMIENTO DE LA GALESCOLA, TENDRIAN QUE SER 12 APARCAMIENTOS Y QUEDAN 6 Y ENCIMA 1 SOLAR QUE LE HAN REGALADO A UN VECINO DONDE IBAN LOS 6 APARCAMIENTOS RESTANTES
    ES 1 VERGUENZA, LE HAN REGALADO 1 BUEN SOLAR Y ENCIMA SE LO PREPARAN CON EL DINERO DE TODOS LOS FENESES
    Y LA CALLE Q ESTA AL LADO CON UNOS AGUJEROS Q HAY QUE PASAR CON BOTAS DE GOMA CUANDO LLUEVE
    A VER SI CUANDO INAGURE A ALGUN FOTOGRAFO SE LE OCURRE LA GENIAL IDEA DE SACARLE 1 FOTO A LA CALLE Y ASI NO QUEDARA TAN BONITA LA INAGURACION
    Y SE VERA Q AL VECINO DEL COMIENZO DE LA CALLE SE LE ARREGLO CON DINERO PUBLICO SU ENTRADA Y ES 1 VECINO SOLO Y LA CALLE EN CUESTION QUE TIENE 11 VECINOS NO SE LE HA ECHADO NI UNA CARROCETA DE GRABA
    INDIGNANTE SEÑORES

    ResponderEliminar
  5. Soy votante del psoe de Fene,despues de ver la cacicada de "os do dique" votare en blanco o me quedare en casa.
    Curioso ver a un miembro de la familia, retirar el dia de ayer ,las octavillas informativas de los vehiculos aparcados en Perlio.Saludos.Fco.Garcia

    ResponderEliminar