O tramo atópase en fase de información pública
O alcalde de Fene Iván Puentes destacou esta actuación como un dos proxectos máis ambiciosos do mandato e lembrou o marcado carácter inversor destes catro anos, un dos de máis actuacións da democracia
Antón Louro visitou esta mañá os Concello de Fene e Ares e aproveitou a súa estancia para lembrar as actuacións que a administración central está a realizar no termo municipal. Louro recalcou que nestes momentos atópase en fase de información pública o tramo de senda peonil entre A Torre en Perlío e O Ramo en Barallobre, que se engloba dentro do proxecto de senda peonil no litoral entre San Valentín e Maniños. O tramo A Torre-O Ramo conta cun orzamento de 1.518.227 euros e unha lonxitude de 1.300 metros.
A senda discurrirá na parte interior dos estaleiros de Navantia, logo das xestións levadas a cabo polo alcalde Iván Puentes coa compañía pública relativa á disponibilidade de terreos. Ademáis e froito dun convenio asinado en febreiro entre ADIF e o Concello de Fene, o municipio convertíuse en arrendatario duns terreos propiedade de ADIF, pertencentes á liña Ferrol-Betanzos, o que posiblitará a posta en marcha da citada senda peonil no litoral entre San Valentín e Maniños, coa que se pretende mellorar a conexión peonil entre estes dous núcleos de poboación do Concello.
O alcalde de Fene Iván Puentes destacou esta actuación da senda peonil entre San Valentín e Maniños como “unha das actuacións máis ambiciosas do actual mandato e un compromiso do actual Goberno de Fene coa cidadanía fenesa e coa potenciación do lecer das veciñas e dos veciños de Fene e tamén continuar co proceso de potenciación e promoción turística do noso Concello. Coa senda peonil búscase abrir Fene ao mar e que Navantia non sexa un muro de separación da nosa ría e do casco urbano de Fene” afirma Puentes.
O rexedor fenés quere agradecer o esforzo do departamento de Rosa Aguilar que se suma tamén ao esforzó inversor do Ministerio de Fomento que dirixe José Blanco, dous dos ministerios que máis van a invertir en Fene nos últimos catro anos, engade o alcalde.
.
Agora aparecen cuartos por todas as partes e obras para facer!! Como se nota que veñen aí as eleccións municipais. Se seguimos así nin A Coruña vai ter tantas obras, jajajajajaaaaaaaaaaaaa.. que risa me da!!!!!!!!!
ResponderEliminarSólo una salvedad, anónimo, el proyecto no es un anuncio del delegado del gobierno, sino un proyecto ya redactado y que, tal y como anunció el MInisterio en La Voz de Galicia, está ya en el concello a exposición pública para contratarlo cuando finalice este trámite
ResponderEliminarHabemus Puentes!! Menos mal que solo quedan dos meses...
ResponderEliminarVeña parques, veña sendeiros circulares, veña sendas peoniles. Para que?Para que paseen os xubilados, prexubilados, parados, xovenes sin emprego. Srs. do PSOE, Sr. Puentes para cando unha inversión na comarca que xenere emprego, para cando (despois de 7 anos) un contrato para Navantia. Sigan así.
ResponderEliminarPodrian tamen facer un parque tematico nos terreos de Navantia aproveitando que xa veñen moitos cartos ja,ja ja.pero de traballo na de na, isto e pa mexar e non votar gota.
ResponderEliminar