martes, 1 de marzo de 2011

O Concello de Fene reparte 30 composteiros entre os veciños

A Concellería de Medio Ambiente organiza unha charla sobre compostaxe doméstico mañán mércores na Casa do Concello

Os veciños participantes poderán levarse un composteiro e un manual para xestionar os seu lixo orgánico

A concelleira de Medio Ambiente Amalia García informa que mañán mércores celebrarase unha charla técnica sobre compostaxe doméstico no salón de plenos da Casa do Concello. A charla comezará ás 19.00 horas e enmárcase dentro do programa de educación ambiental que organiza o Concello fenés. Ao remate das charlas, a concellería entregará un composteiro caseiro e un manual. Deste xeito 30 veciños de Fene poderán xestionar o seu lixo orgánico na vivenda e obter un fertilizante de excelente calidade.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario