O Concello de Fene convoca o IV Concurso de Tapas de Fene que terá lugar dende o día 24 de marzo ata o 16 de abril.
Coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería, o Concello de Fene organiza o IV Concurso de Tapas, fomentándose así a especialización e a mellora da calidade das tapas e consolidando o tapeo tradicional.
O concurso terá dúas modalidades de participación: tapa tradicional e tapa creativa.
Só poderán participar as 10 primeiras solicitudes que para cada modalidade se reciban no rexistro xeral do Concello de Fene por rigorosa orde de entrada.
As tapas serán gratuítas.
Período de inscrición: Do día 1 ao 8 de marzo (ambos incluídos).
Lugar de inscrición: Rexistro xeral do Concello de Fene.
Datas de celebración do concurso: Do 24 de marzo ao 16 de abril (os xoves, venres e sábados)
Horario do concurso: Os xoves e venres de 20:00 a 22:00 h. Os sábados de 13:00 a 15:00 e de 20 a 22 h.
Máis información: Axente de emprego e desenvolvemento local. Tfo: 981 49 27 67.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario