No día de hoxe o servizo da traída da auga na rúa Alta en Perlío estivo cortado durante todo o día. Dende primeiras horas da mañá os veciños e o alumnado do Colexio de Centieiras padeceron a falla de auga durante máis de 12 horas.
Desde o BNG lamentamos esta situación que ven provocada pola incapacidade do goberno de Puentes de ter renovada esta traída de auga que conta con orzamento procedente do Plan de cooperación cos concellos. Este Plan 2008-2011 surte a Fene con máis de medio millón de euros dos que non foi investido nin un euro cando as obras foron aprobadas hai màis de dous anos.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario