martes, 1 de marzo de 2011

Emprego e dependencia, obxectivos do BNG para os orzamentos 2011

O bng de Fene vén de presentar unha proposta de mellora do documento presentado polo goberno


No BNG apostamos por un orzamento de combate do desemprego e de apoio ás persoas máis desfavorecidas. O actual contexto de crise e a redución en máis de 1.7 millóns de euros do orzamento de ingresos para 2011 fai evidente que o pior da crise está por vir. As medidas adoptadas polos gobernos central e autonómico veñen a castigar máis as economías municipais. Os recortes nas achegas do estado, sumados as devolucións a realizar nos próximos catro anos, agravan máis a situación. Por outra banda, a Xunta non adianta, tal e como prometeu, as achegas para a atención á dependencia.

O documento presentando aos grupos municipais o pasado 3 de febreiro polo goberno de Fene non conta con explicacións políticas suficientes. As intencións do mesmo son rutineiras e carecen de obxectivos, máis alá de someterse ás restricións económicas existentes. Visto que no documento económico de gastos e ingresos só se introducen parte dos nosos criterios e propostas, e logo da xuntanza mantida con alcalde e co concelleiro de facenda, concluímos que, para o BNG, a xestión económica municipal ten que pasar por un rigor, control e seriedade moito maior.

Por isto, propoñemos:

  • 1.-Que se tomen as medidas oportunas para realizar o pagamento de todas as facturas pendentes de exercicios anteriores.
  • 2.-Que se paguen as subvencións a entidades pendentes de anos anteriores.
  • 3.-Que se incrementen as partidas de dependencia vía bolsa de emprego municipal en 100.00€ para atender unhas 30 persoas dependentes máis ao ano.
  • 4.-Que se incremente un 50% a partida e emerxencia social xa que figura conxelada dende 2008 en 39.000 €.
  • 5.- Crear unha partida de 110.000 € para a dotación dunha bolsa de emprego para a contratación de peonaxe de servizos municipal a través dun programa de promoción local do emprego.
  • 6.- Que se axusten os gastos en 248.000 €, fundamentalmente no Capítulo II, mediante axustes nas adxudicacións de servizos e a eliminación de gastos superfluos ou non obrigatorios.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario