martes, 1 de marzo de 2011
O Concello de Fene pon en marcha o “buzón de devolucións” de libros
A Biblioteca Pública Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” conta cun novo servizo de devolucións 24 horas. A través da instalación dun buzón de devolucións exterior, situado na porta principal da Casa da Cultura de Fene, edificio onde se atopa a biblioteca. No buzón pódense depositar libros ou calquer outro material en formato dixital cedido pola biblioteca. Deste xeito o concello amplia os seus servizos aos veciños e veciñas. Este novo material está subvencionado pola Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude de a Deputación Provincial de A Coruña.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario