Co motivo da celebración do Centenario do Nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911) os Equipos de Normalización Lingüística dos Centros de Ensino de Fene, coa coordinación da Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude, convocan o III Concurso de Microrrelatos - Concello de Fene, que se rexerá polas seguintes bases:
PRIMEIRO
Poderá participar todo o alumnado matriculado nalgún dos centros educativos do Concello de Fene, establecéndose as seguintes categorías:
- a) 5º e 6º Curso de Primaria.
- b) 1º e 2º Curso de ESO.
- c) 3º e 4º Curso de ESO.
- d) Bacharelato e Ciclos Formativos
Os/as participantes deberán elaborar un texto narrativo en lingua galega, que non poderá sobrepasar as 150 palabras (microrrelato), con temática libre e cuxo título teña a mesma estrutura sintáctica que utiliza Cunqueiro en “Escola de Menciñeiros”, “Os outros feirantes” e “Xente de aquí e de acolá”: o nome do personaxe (un sintagma nominal) seguido dun topónimo (unha frase preposicional) que neste caso tería que ser un topónimo fenés.
Exemplos:
- Unha siria en Ribadeo > Unha siria en Magalofes
- Louro de Parentes > Louro de Maniños
- Felipe de Burres > Felipe de Perlío
- A voadora de Serantes > A voadora de Limodre
- O Coxo de Entrebo > O Coxo de Barallobre
- O verdugo na Cañiza > O verdugo en Fene
O concurso constará de dúas fases: unha interna e outra intercentros. Na fase interna os traballos elaborados serán entregados ao profesorado encargado deste concurso en cada centro educativo e será o propio centro quen decida a composición do xurado.
Para a fase intercentros, os traballos seleccionados (máximo dous por categoría) deberán entregarse no Departamento e Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene acompañados dun sobre pechado, que será o único lugar no que constarán os datos identificativos dos/as autores do traballo.
CUARTO
O Xurado estará composto por unha comisión formada por dous membros de cada centro escolar participante (un profesor/a e un alumno/a) e un representante do Concello, que ditaminará sobre o concurso de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos.
QUINTO
Os datos e traballos recollidos serán utilizados exclusivamente polo Concello de Fene e en ningún caso serán cedidos a terceiros nin pasarán a formar parte de ningunha base de datos de uso comercial.
SEXTO
Establécese un agasallo para cada categoría.
SÉTIMO
O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o venres 11 de abril na fase interna (entregar no propio centro educativo) e o mércores 27 de abril para a fase intercentros (entregar no Dep.
Cultura, Deportes e Xuventude). O resultado darase a coñecer por parte do concello a todos os centros de ensino participantes.
OCTAVO
Cos traballos escollidos o Concello de Fene fará unha pequena publicación.
NOVENO
A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario