A concellería de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e a Editorial Tambre organizan un Obradoiro Teatral a carto da compañía de teatro Factoría Teatro coa obra “Sr. Mundo, digamé?”
Esta actividade, baseada no libro “Cacarabín, Cacarabón” de Antonio García Teijeiro, está dirixida a toda a familia e aconsellada para nenos e nenas de 6 a 8 anos de idade.
A dita obra teatral terá lugar o vindeiro xoves, día 17 de marzo de 2011 ás 18.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura (Avda. Conces 20-22, Fene).
O libro “Cacarabín, Cacarabón” de Antonio García Teijeiro é un libro de poemas baseados principalmente no folclore infantil. Os nenos/as comprenderán así un marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo el queira.
A obra “Sr. Mundo, digamé?” é un recital de poesía usando de fío condutor uns poemas que Paula Carballeira lle regalou a Factoría Teatro. Baseándose en versos de Celso Emilio Ferreiro e Antonio García Teijeiro.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario