miércoles, 23 de marzo de 2011

Homenaxe a escola de Sillobre e día da árbore

A Mancomunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, vai facer unha homenaxe particular e un recoñecemento público á Escola Unitaria de Sillobre, na cal xeracións de veciñ@s da parroquia escomenzamos os nosos primeiros pasos na ensinanza. E porque estamos orgullos@s do noso pasado e queremos seguir estandoo do noso futuro, por iso facemos unha reivindicación da vixencia desta escola.
Tamén vai facer unha homenaxe ao labor das escolas unitarias en xeral polo que se convida as demáis escolas unitarias do Concello de Fene, a escola de Limodre e os Casais de Maniños.

É por iso, que en colaboración coas ANPAS dos tres colexios, este domingo día 27 de marzo ás 16.30 h. e celebrando o día da árbore, convidarase a os nenos destes colexios á plantación de árbores nunha parcela do monte comunal.

O monte destinado á plantación, sito na parcela denominada Cal do Foxo, ocupa unha superficie duns 5 ferrados, (2.500 m2 aprox.) e nel se plantarán unhas 70 árbores da variedade sequoia.

A idea é que cada neno plante unha árbore e poña ao lado unha estaca co seu nome. Asemade cada colexio plantará tamén unha árbore(tres en total) da variedade alerce.

Asdo/ Tomás Corral Vilar, presidente da Mancomunidade de Montes de Marraxón.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario