jueves, 17 de marzo de 2011

Fene traslada os actos do “día da muller traballadora” para mañán venres

A coincidencia do 8 de marzo co martes de entroido foi a causa do desprazamento da festividade

A Casa da Cultura volverá a servir de escenario para os actos de conmemoración


As actividades desenvolveranse mañán venres 18 de marzo e comenzarán ás nove da mañá coa lectura do manifesto do Concello aprobada en consenso na Comisión de Dinamización Social, Benestar e Igualdade. A lectura do texto institucional correrá a cargo da Concelleira de Cultura, Deportes, Xuventude e Ensino Carmen Silvar. Posteriormente unha escritora lerá a declaración institucional do Concello de Fene e posteriormente comezará o maratón de lectura do alumnado de Fene coa participación dos colexios A Xunqueira de San Valentín, o Instituto de Fene, o colexio Jorge Juan de Perlío, Os Casais de Maniños, Centieiras de Perlío e O Ramo de Barallobre. Os alumnos traballaron estes días na selección de textos escritos por mulleres para a súa lectura. A organización entregará un diploma acreditativo da participación dos alumnos na actividade. O maratón de lectura de escritos elaborados por mulleres continuará pola tarde coa participación das veciñas e veciños. O acto rematará arredor das nove da noite.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario