A Concellería de Medio Ambiente que dirixe Amalia García celebra o Día Mundial da Arbore 2011 o vindeiro mércores 23 de marzo no salón de actos da Casa da Cultura de Fene. Os técnicos do Distrito Forestal I:Ferrol, da Xunta de Galicia, José Manuel Zapata e Matilda Llamares falarán sobre a protección dos montes contra os incendios. A charla comezará ás 19.00 horas. Posteriormente o funcionario municipal Xosé Antón Núñez falará das árbores autóctonas de Galicia. Posteriormente o xoves 24 de marzo a partir das 19.00 horas proxectarase un audiovisual relacionado coa reforestación participativa, os bosques e o cambio climático. Este audiovisual será comentado pola educadora ambiental do Centro de Educación Ambiental (CEIDA) Verónica Campos.
.
Emenda de erro.
ResponderEliminarNo artigo,
- Onde di: "os técnicos de Montes da empresa Forestal, José Manuel Zapata e Matilda Llamares"
- debe dicir "os técnicos do Distrito Forestal I:Ferrol, da Xunta de Galicia, José Manuel Zapata Fernández e Matilde Llamas Castiñeira".
Grazas
José Manuel Zapata Fernández
Gracias por la Información
ResponderEliminarFoi lastima! que non me enterei, de que viñan estes dous técnicos forestais falar,sobre a protección dos montes contra o lume.Maís ben terían que falar da outra lacra dos montes...Os maderistas...Neste concello fan o que lles da a gana,xa se ve como deixan os camiños,desfan balados,abren camiños sin permiso polas fincas privadas, e sobre todo....Carballos non deixan o primeiro. ¿Quen é o que lles da o permiso pa facer a tala?
ResponderEliminar¿Ven mirar o monte o axente forestal?
¿Quen controla isto?......A concellería de Medio Ambiente!!!!