Ata o vindeiro 31 de marzo pódese visitar na Casa da Cultura de Fene a exposición “Centenario do Ferrocarril. Historia e Patrimonio”, organizada pola Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril (AFAF) co gallo da conmemoración do centenario da entrada en funcionamento da liña Betanzos-Ferrol.
A mostra recolle material histórico relacionado co ferrocarril: maquetas, fotografías dende 1986 ata a actualidade, ferramentas antigas, material de oficina e moita documentación. Asemade, amósase aos visitantes unha proxección documental na que se explica o funcionamento do vapor e o pasado do tren.
Con motivo de cumprirse o 5 de maio do ano 2013 o centenario da inauguración da liña Betanzos-Ferrol, a exposición “Centenario do Ferrocarril” é unha das actividades que promoven os concellos de Betanzos, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol, xunto coa Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril.
A exposición pode visitarse na Casa da Cultura de Fene en horario de maña, de 10 a 13 horas (de luns a sábado), e de tarde, de 16 a 21 horas (de luns a venres).
Álbum de fotos
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario