O concello de Fene ten obras pendentes con orzamento e proxectos aprobados pola corporación por máis de 2.000.000 de € , e que actualmente seguen sen executarse. Por outro lado o concello ten facturas pendentes de pago dos anos 2009 e 2010 que están poñendo en dificultades a moitas pequenas empresas, como por exemplo, a Cooperativa de transporte Vieiro, á que se lle adebedan máis de 8.000€ de exercicios anteriores. A proba que demostra a nula actividade municipal é a propia convocatoria do Pleno ordinario de mañá xoves, que non inclúe nin un so asunto na orde do día. Nen a acta da sesión anterior.
O BNG, como non podía ser doutro xeito, levará dúas mocións relativas á situación da caixa de aforros galega e outra sobre a necesidade de mellorar o Polígono de Vilar do Colo. Na primeira pediremos o apoio do Pleno a rexeitar frontalmente as pretensións do Goberno do Estado de privatizar e bancarizar a nosa caixa galega (Novacaixagalicia), así como solicitar do Goberno do Estado a retirada do denominado “Plan de reforzamento do sector financeiro” no que atinxe ás caixas de aforro. Tamén se contempla na moción reclamar do Goberno da Xunta de Galiza que defenda as competencias estatutarias de Galiza. Na moción de Vilar do Colo solicitamos do Pleno da Corporación que o alcalde faga as xestións necesarias para pór en funcionamento o Ente de Conservación do Parque empresarial de Vilar do Colo, e tamén que impulse un acordo co Concello de Cabanas na procura da transferencia da Avenida de ASTANO, que une a VG 1.2 coa AC563, á Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galiza. Tamén implicar a AUDASA na mellora da saída da autoestrada no parque empresarial.
Os grupos políticos estamos a negociar un posición común ao respecto da crítica situación da Cooperativa de transporte de viaxeiros Viero.
Os nacionalistas lamentamos que o Alcalde do noso concello, vistos os datos achegados, xa dea por rematado o seu traballo como máximo responsábel da xestión municipal. O Portavoz do BNG no concello, Manuel Polo, afirma que “imos iniciar unha etapa de anuncios e promesas logo de catro anos de ausencia de xestións e de actividade á altura das necesidades dos noso veciños e veciñas”.
O portavoz do GM do BNG de Fene Manuel Polo
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario