miércoles, 2 de febrero de 2011
Certame de “cartas de amor” do Concello de Fene (Radio Fene)
O Concello de Fene a través da súa emisora municipal organiza, un ano máis, o certame “cartas de amor”. Esta mañá foi presentado polo alcalde de Fene Iván Puentes e pola concelleira-delegada da radio municipal Carmen Silvar, acompañados polo encargado da emisora Henrique Sanfiz e o director do Parador de Turismo de Ferrol Héctor Carril, patrocinador do certame.
A persoa que resulte gañadora do certame recibirá como premio unha cea para 2 persoas e a estancia dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol. Poderá gozar do galardón nun cuarto doble ou en dous individuais. Faise esa precisión porque en varios dos certames preséntaronse cartas de desamor, algunha moi desgarrada pero cunha indudable calidade literaria.
O alcalde de Fene Iván Puentes incidiu esta mañá no caracter de promoción da lingua galega que presenta este certame que cumpreu xa 12 anos. É iso é tan importante como o seu aspecto literario ou creativo, segundo manifestou.
O Parador de Turismo de Ferrol colabora con esta iniciativa. Ademáis para a fin de semana de San Valentín preparan un menú degustación e un prezo especial para o aloxamento en parellas.
As persoas que desexen participar poden enviar unha carta de amor en lingua galega antes do 11 de febreiro, e baixo plica, ao enderezo: Radio Fene. Casa do Concello. 15500 Fene (A Coruña). Tamén se poden enviar por correo electrónico a direccion@radiofusion.eu
O próximo 14 de febreiro, Dia de San Valentín, patrono dos namorados, saberáse o gañador desta cita que conta entre os premiados con autores como Emma Pedreira, Adela del Río, Xosé Montero, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez, Pablo Jablonski e Jorge Melero. Polo xurado, de alta calidade literaria, pasaron entroutos escritores como Bieito Iglesias, Xosé Manuel Sarille, Manuel Forcadela, Estíbaliz Espinosa, Cesáreo Sánchez Iglesias, Mario Regueira, Iria López Teijeiro, Xosé Leira, Rosa Aneiros e Dulce López Rivera.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario