viernes, 28 de enero de 2011

A semana que ven presentarase o proxecto de presupostos aos grupos políticos

O documento co que traballa o goberno ten como obxectivos a disminución do gasto sen tocar as partidas sociais, a baixada da débeda municipal e o saneamento da economia do Concello

O alcalde de Fene e o Goberno Municipal entregarán aos grupos políticos con representación na Corporación Municipal de Fene o borrador de orzamentos municipais do 2011 esta próxima semana. O concelleiro de facenda Manuel Rodríguez Carballeira e a intervención municipal xa redactaron un documento base que será estudiado nos vindeiros días polos distintos grupos políticos. Neste documento búscase a austeridade como fáctor dominador das contas públicas neste exercizo do 2011. Deste xeito, trátase de disminuir o gasto xeral pero sen tocar as partidas que fan incidencia na parte social do orzamento, na idea de manter os servizos sociais e o seu financiamento, conscentes de que os máis necesitados non teñen porque pagar o custe da crise económica que vivimos. O documento de presupostos municipais busca a baixada da débeda municipal e o saneamento da economía do Concello. Iván Puentes opina que “ a crise económica que vivimos obríganos a ser disciplinados no gasto público e restritivos na recadación impositiva, para beneficiar ás veciñas e ós veciños, que xa teñen que facer frente a moitas cargas financeiras e coa idea de manter os servizos básicos e sociais para que o cidadán non pague o maior custe da crise”.

O Goberno de Fene afirma que coa presentación deste borrador aos grupos políticos se cumple a palabra de presentar un documento de presupostos nos primeiros días do ano. Segundo o alcalde Iván Puentes búscase o consenso entre todos os grupos para sacar un orzamento óptimo para Fene. O rexedor amósase aberto a todas suxerencias da oposición para chegar a “un mínimo común denominador” que serva como base dun orzamento eficaz para Fene.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario