viernes, 28 de enero de 2011

O Concello de Fene organiza un obradoiro de Educación Viaria dirixido á terceira edade

O Concello de FEne organiza a través da súa concelleria de cultura, deporte e xuventude un Obradoiro sobre Educación Viaria dirixido á 3º IDADE que terá lugar o mércores día 23 de febreiro de 2011, no Parque de Educación Viaria de Barallobre.

O obxectivo do obradoiro é o de realizar actividades dirixidas ás persoas maiores para que poidan desenvolverse con normalidade e con máis seguridade nos desprazamentos como peóns, condutores e viaxeiros.

O horario será de 18.00 a 19.30 horas, a realizar no antigo apeadeiro do tren de Barallobre, hoxe en día reformado no Parque Municipal de Educación Viaria.

Tanto o obradoiro como o traslado en autobús á parroquia de Barallobre será totalmente gratuíto. A saída terá lugar ás 17.30 horas diante do Concello de Fene; e a volta ao rematar o obradoiro.

As prazas serán limitadas ata un máximo de 25 participantes. A reserva de prazas até o mércores 16 de febreiro de 2011, terá lugar nas dependencias administrativas da Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. Naturais 44, entrechán dereita - Fene ou no teléfono 981.34.03.66,

O dito obradoiro, organizado pola Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude conta coa colaboración da Xefatura Provincial de Tráfico de A Coruña.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario