sábado, 15 de enero de 2011

Perspectivas de solución para o conflicto de Vieiro

As ANPA dos Institutos de Barallobre deberán contratar á cooperativa Vieiro para o transporte do alumnado dos centros. Esa semella ser a solución máis viábel para permitir a continuidade dos autobuses que enlazan o núcleo urbano de Fene (A Coruña) cos centros educativos. A multinacional Arriva interpuxo unha denuncia contra Vieiro, e a Xunta de Galicia conminou á cooperativa a cesar na realización desa ruta, xa que a empresa denunciante ten a concesión do servizo regular de transporte escolar.

As ANPA dos centros formalizarán agora un contrato coa cooperativa, que debe recibir o visto bó da Xunta de Galicia. A cooperativa Vieiro conta nestes momentos con 1 autobús e 1 microbús. Fundouse hai 34 anos para suplir as carencias de comunicación do barrio de San Valentín con outras parróquias de Fene e con Ferrol. Pero na actualidade a maior parte dos seus ingresos proceden do transporte do alumnado do Centro Integrado de Formación Profisional e máis do Instituto de Ensino Secundario de Fene.

Fuente: RadioFusión

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario