O Concello de Fene non ten que devolver nin un só euro do Plan E ao Goberno de España
No día de onte o Partido Popular de Fene facía públicas unhas manifestacións nas que afirmaba que o Goberno Central lle cobraría 5.000 euros mensuais aos veciños e veciñas de Fene derivados dun suposto mal cálculo dos fondos do Plan E. Tales afirmacións son rotundamente falsas e o Goberno de Fene lamenta que unha vez máis os populares pretendan enganar aos veciños e veciñas de Fene.
Dos cartos adxudicados polo Goberno de España ao Concello de Fene para a execución de obras con cargo ao Plan E, o Concello de Fene non terá que devolver un só euro, posto que todos están perfectamente xustificados e executados, incluído o tramo do Parque Lineal do Río Cádavo executado en Vilanova. Actuación coa que os populares tamén fan demagoxia, posto que, por un lado demandan do Goberno Municipal a execución deste gran parque central de Fene, que seguindo o cauce do Cádavo irá de Vilanova ata Astano e, por outro lado, critican que se tivera construído esta fase de Vilanova, que é o arranque desa gran zona verde de Fene.
Participación dos Concellos nos Tributos do Estado
O que o PP afirma, posto que se refire a unhas declaracións do Alcalde ao respecto, parece estar referido á participación do Concello de Fene nos tributos do Estado, é dicir, aos cartos que o Goberno de España lle ingresa cada mes aos concellos como parte que lles corresponde dos impostos recadados polo Estado.
O xeito de funcionar é o mesmo de toda a vida, mes a mes o Goberno de España transfire a cada concello do Estado e a cada comunidade autónoma unha determinada cantidade de cartos como anticipo da parte que lle corespondería a final de ano do conxunto de impostos cobrados polo Goberno Central aos cidadáns. Cando chega o final de ano o Goberno calcula se transferiu aos concellos e ás comunidades autónomas máis ou menos cartos dos que realmente lles corresponden polo recaudado ese ano.
O ano pasado o Goberno de España transferiu aos concellos e ás comunidades autónomas máis cartos neste concepto que os que lles correspondían realmente en función do recadado ao final de ano. Por este motivo, agora a case tódolos concellos, non só a Fene, e a case tódalas comunidades autónomas o estado deduciralle esta cantidade que lles deu demais en concepto da súa participación nos tributos do Estado.
No caso concreto de Fene, o Concello recibiu uns 240.000 €. demais, que serán compensados do seguinte xeito: duante os vindeiros catro anos o Goberno de España, dos 75.000 euros que ingresa aproximadamente cada mes nas arcas do Concello de Fene, deducirá 5.000 euros ao mes.
En todo caso, o Concello de Fene non terá que facer fronte á devolución desa cantidade cos recursos que actualmente ten, senón que serán ducidos durante catro anos dos ingresos futuros.
O Goberno Municipal denuncia tamén a hipocresía do PP, que pon o berro no ceo por ter este tema, pero non di nin unha soa palabra do novo canon de abastecemento e saneamento que o Goberno de Feijoo lle vai impor a tódolos veciños de Fene, con subas no recibo da auga que poderían superar o 100% Iso sí que é unha hipoteca e un imposto revolucionario absolutamente inxustificado, non para o Concello de Fene, senón para o peto de tódolos veciños e veciñas.
O PSOE insta ao PP de Fene a basear a súa política en algo máis que en mentiras e a que despois de catro anos fagan un pequeno esforzo por enterarse, aínda que sexa mínimamente, do que pasa no concello e de cómo funciona a administración.
.
Xa estamos en campaña electoral? Vergonza vos habia de dar tanto a uns coma os outros.Xa teño preparando o fungueiro pa cando veñades pedir o voto.
ResponderEliminar