sábado, 15 de enero de 2011

A extensión de servizos, a consolidación dos núcleos urbanos de todas as parroquias e o desenvolvemento industrial serán tres piares fundamentais do n

A redacción concreta do Plan aínda non comenzou. O primeiro avance presentarase no mes de Xullo

O equipo redactor non prevé transformar ningún chan que actualmente sexa urbano en rústico


O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene vai dando xa os seus peimeiros pasos. Hai unhas semanas o equipo redactor remitiu á Xunta de Galicia o “Documento de Inicio”, que non é máis que un estudo técnico, un balance, da situación actual do Concello (habitantes, tendencias da poboación, problemas que plantexa o actual PXOM, vivendas vacías, tipoloxía de chans, afección do Plan do Litoral…) e dos obxectivos que se perseguirán co novo PXOM que se redacte (sostibilidade, mobilidade, corrección na calificación de chans mal clasificados, crecemento poboacional, zonas de agrupamento de poboación, elementos a protexer…)

Consultado este Documento de Inicio, a Xunta pode facer agora suxestións ao Concello para que as teña en conta cando comece a segunda fase dos traballos, a redacción do avance do novo plan, prevista para o mes de xullo. Este avance será o primeiro documento no que xa se proporá a calificación de cada parcela do termo municipal como urbana consolidada, urbana non consolidada, suelo de núcleo rural, suelo industrial, suelo rústico apto para urbanizar, suelo rústico de protección… A día de hoxe non hai calificado un só metro cadrado de chan en Fene, simplemente porque o Documento de Inicio é un estudo puramente técnico que non ten ese cometido.

Suelo Urbano, Suelo de Núcleo Rural e Suelo Rústico

A diferencia do que sucedía no pasado, hoxe a clasificación do chan non depende practicamente nada da vontade do Concello. Logo da aprobación en 2003 da Lei do Suelo de Galicia, á que o actual Plan de Urbanismo de Fene aínda non se adaptou, están tipificadas perfectamente as características que debe reunir un chan para clasificalo dun determinado xeito. Ademais, a clasificación das parcelas de acordo coa Lei do Suelo, a adaptación do noso Plan a esa lei, será requisito indispensable para que a Xunta aprobe ao final o novo Plan de Fene. Isto tamén variou, antes os Plans de Urbanismo os aprobaban os concellos logo de revisalos a Xunta de Galicia, pero agora é a propia Xunta a que aproba definitivamente os PXOM.

Adaptándonos á Lei do Suelo de Galicia, poden ser urbanos consolidados os suelos que, ademais de formar parte dunha malla urbana, teñan todos os servizos (auga, luz e electricidade) urbanos non consolidados os que se integren nunha malla urbana, pero non teñan todos os servizos; suelos de núcleo rural todos aqueles que se integren en núcleos de poboación sen tipoloxía urbana, teñan ou non servizos e rústicos, os destinados a usos non residenciais.

No caso concreto de Fene, a intención do Goberno Municipal para cando se redacte o Avance do Plan, no mes de xullo, é manter os núcleos centrais das parroquias como suelos urbanos, consolidando estes núcleos e favorecendo o seu desenvolvemento.

A diferencia co actual PXOM está naquelas zonas que circundan estes centros urbanos das parroquias e que seguindo a Lei do Suelo de Galicia deberán calificarse como suelo de nucleo rural, en lugar de facelo como urbano non consolidado. Para o Goberno Municipal isto, lonxe de ser unha traba, é unha oportunidade para fixar poboación e desenvolver as diferentes parroquias. A efectos prácticos, o suelo de NUCLEO rural (non rústico) ben funcionando igual que o que comunmente entendemos por un suelo urbano, é dicir, no suelo de núcleo rural pódese construír en parcelas pequenas (duns 300 m2.) o Concello pode dotalas de servizos e as cargas para os propietraios son menores incluso que no urbano non consolidado.

Cal é o problema do actual PXOM? Pois que moitos núcleos de poboación que, segundo a Lei do Suelo, deberían ter a consideración de suelo de núcleo rural están clasificados como urbanos non consolidados, é dicir suelos nos que os particulares que constrúan unha vivenda ou os que xa vivan alí están obrigados a custearse a extensión dos servizos básicos ata a súa parcela ou a urbanizar as inmediacións das mesma no momento de construír unha nova casa.

En resumo, o suelo de núcleo rural será o que lle permita aos veciños e veciñas construír con menos dificultades nas parroquias, o que lle permita ao Concello levar a auga e o alcantarillado a estes veciños e veciñas que a día de hoxe terían que custealos cos seus propios cartos e o que permita que a Xunta de Galicia autorice a construcción e o crecemento dos núcleos de cada parroquia.

Nunca debemos confundir o suelo de núcleo rural, que permite edificar e extender núcleos de poboación, co suelo rústico, no que en xeral non están permitidas as edificacións nin os núcleos de poboación.

Participación Cidadá

Cando no mes de xullo se presente o primeiro borrador, o Avance do Plan de Urbanismo, abrirase formalmente o período de alegacións para que calquera cidadán poda presentar de xeito oficial as súas propostas e demanadas, pero o PSOE quere ir máis aló na participación dos veciños e veciñas.

Así, desde este mesmo mes de xaneiro, cando aínda non se pintou un só plano do que será o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, o Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo están a celebrar xuntanzas cos redactores do Plan e cos diferentes grupos políticos e entidades veciñais do concello cun obxectivo, que os redactores e o Goberno expliquen as súas intencións para o novo Plan e que tanto os grupos políticos como as asociacións veciñais podan desde este momento inicial aportar as súas ideas e suxestións para estudalas e ilas incorporando ao Plan ao mesmo tempo que se redacta. De tal xeito que cando en xullo se presente o Avance do PXOM, antes de que se inicie o período de alegacións, este recolla xa as aportacións veciñais.

A este respecto Iván Puentes afirma que “o novo Plan de Urbanismo ten que ser un plan de todos e de todas, que sirva para construír un pobo con máis calidade de vida e con máis futuro. Será un plan no que primen os intereses dos veciños e veciñas, non os do ladrillo e por iso falaremos e consensuaremos cos cidadáns de Fene cada paso que se dea”.

Logo de presentarlle o Documento de Inicio a tódolos partidos políticos de Fene, onte tocoulle o turno aos representantes da Asociación de Veciños de Perlío, do Círculo de Perlío, do Centro de Promoción Social de San Valentín, da Asociación de Veciños de Fene e do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene.

O luns clebrarase outra xuntanza cos asociacións de Sillobre, Magalofes, Limodre, Maniños e Barallobre e logo desta outras con colectivos de veciños que trasladaron ao concello problemas concretos nas súas zonas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario