viernes, 14 de enero de 2011

O Pleno do Concello aprobou os acordos do Consello Escolar Municipal que rexeitan os plans da Xunta de Galicia no ensino público de Fene

O Pleno aprobou os acordos do Consello Escolar Municipal cos votos a favor do PSOE, BNG e Esquerda Unida. O PP abstívose.

O Consello Escolar Municipal de Fene acordou rexeitar os plans da Consellería de Educación da Xunta de Galicia na estructura da educación pública de Fene, plans que preveian o peche de tres centros educativos e a amortización de 34 prazas de profesores.

O Pleno da Corporación Municipal de Fene aprobou onte en sesión ordinaria do mes de xaneiro a proposta presentada polo Consello Escolar Municipal reunido en decembro en sesión extraordinaria. Os acordos foron aprobados e apoiados polo grupo de goberno (PSOE) e tamén polo BNG e o concelleiro de Esquerda Unida. O PP abstívose na votación.

O Consello Escolar aprobou no mes de decembro un escrito onde se denuncia a avaliación prevista polo goberno galego e tamén que este informe de traballo da Xunta non tivera en conta a opinión da Rede de Centros de Fene e tampouco a postura do Consello Escolar Municipal.

O organo consultivo fenés tamén acordou que o Concello solicite unha xuntanza coa Consellería de Educación para tratar da educación en Fene no presente e no futuro.
O Consello Escolar Municipal tamén acordou por en marcha a comisión de traballo prevista neste organo de asesoramento municipal. A comisión reunírase o luns 24 para constituirse. Conforman esta comisión, representantes das Anpas dos centros, o inspector da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a concelleira-delegada de Educación do Concello de Fene Carmen Silvar. Tamén se acordou facer unha campaña invitando ás veciñas e aos veciños a que matriculen aos seus fillos nos centros educativos públicos de Fene. A moción saiu adiante grazas aos 7 votos do PSOE, 5 do BNG e 1 de Esquerda Unida. Os 4 concelleiros do Partido Popular abstivéronse na votación.

O Consello Escolar Municipal en sesión extraordinaria celebrouse no mes de decembro no salón de actos da Casa da Cultura de Fene coa presenza do alcalde Iván Puentes, da concelleira de educación Carmén Silvar, dos representantes no órgano dos distintos grupos políticos, do sindicato CIG, dos centros de ensino representados no Consello asi como das ANPAS respectivas. Tamén asistiu para informar ao persoal o inspector da Consellería de Educación Félix Perujo.

.

2 comentarios:

  1. En el documento aprobado se dice que la educacion concertada es un despilfarro y que la primera medida coherente en el caso de tener que reducir costes, seria suprimir el concierto con la privada.El unico centro concertado en Fene es el colegio Jorge Juan, con lo cual el pleno de ayer aprobó, que la Xunta retire el concierto con el citado colegio. Pues que lo sepan los padres de los mas de 500 alumnos que tiene el colegio, y un buen numero de empleados del centro. Los problemas de la falta de alumnos en los distintos centros publicos parece ser que es de la Jorge Juan. Ver para creer.

    ResponderEliminar
  2. El PP Fene aclaró su posición de abstención manifestando que está en contra del cierre de centros y de la reducción de profesorado pero no comparte las consideraciones de la moción respecto a la enseñanza concertada y otros puntos que constan en la misma y que los restantes grupos no accedieron a retirar.

    ResponderEliminar