viernes, 14 de enero de 2011

Catro triciclos para o parque de educación viaria de Fene

A Concelleira de Cultura, Xuventude e Deportes Carmen Silvar desprázase o vindeiro luns á cidade de A Coruña para recepcionar catro triciclos que facilita a Xefatura Provincial de Tráfico coa intención de incrementar o material a disposición do parque de educación viaria que o Concello de Fene ten en Barallobre. Durante o ano pasado xa se incrementou notablemente o material a disposición dos usuarios deste parque temático fenés. Asi se adquirieron bicis, cascos e todo tipo de material para o desenvolvemento do ensino en educación viaria.
Dende hai algúns anos no parque se celebran obradoiro teórico-prácticos que se desenvolven para os nenos durante o curso escolar, concretamente estes obradoiros específicos van dirixidos a nenas e nenos entre os 4 e os 12 anos de edade e consisten nunha sesión teórica de introducción á seguridade viaria e nunha sesión práctica de percorrido polo circuito. A duración destes obradoiros é de dúas horas. Os obradoiros son impartidos por monitores especializados en educación viaria e os alumnos participantes veñen acompañados dun mínimo de 2 adultos para un grupo de 25 rapaces.

O Parque Municipal de Educación Viaria de Fene está emprazado no antigo apeadoiro de Renfe, na parroquia de Barallobre. Conta cunha aula totalmente equipada e cun circuito homologado de 800 metros, dotado de karts eléctricos e a pedais así como de bicicletas e triciclos.
O Parque, inaugurado en marzo de 2007, ten como finalidade “educar no respecto ás normas de circulación”.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario