viernes, 14 de enero de 2011
Reunión técnicos da Deputación e o Concello para o seguimento das obras das beirarruas de Barallobre
O Presidente da Comisión de Obras da Deputación da Coruña Benardino Rama e técnicos do ente provincial reuníronse esta mañá co alcalde Iván Puentes e membros do goberno na Casa do Concello de Fene e trasladáronse posteriormente á parroquia de Barallobre para realizar un seguimento das obras das beirarruas na estrada de Barallobre (avenida da Patria Galega). O Alcalde Iván Puentes comentou que a xuntanza foi satisfactoria porque os técnicos da Deputación atenderon as demandas das veciñas e dos veciños afectados e tamén se falou e analizou a seguridade vial na zona, sobre todo, a chamada curva da farmacia, lugar conflictivo pola cantidade de accidentes que se rexistran. O responsable da Deputación Bernardino Rama recolleu as demandas puntuais dos veciños e comprometeuse a subsanar as deficiencias amosadas na construcción destas beirarruas. Nesta zona, a Deputación prevee intensificar a seguridade a través de sinalización vertical e horizontal de limitación de velocidade, aviso de perigo, etc, e proteccións laterais. Tamén se falou, nesta xuntanza de seguimento, dos aparcadoiros para autobuses nos centros de ensino medio da zona do Pazo. Asi se habilitarán 3 estacionamentos para autocares ao carón do centro de FP e outros 3 tamén ao carón do Instituto de Barallobre no Pazo.
Rúa da Pomba
Por último, o alcalde e os concelleiros do grupo de goberno tamén analizaron con estes técnicos da Deputación o asfaltado da rúa da Pomba, pendente despois das obras de canalización de augas. A Deputación comprometeuse a realizar este asfaltado urxentemente. O alcalde afirmou que o goberno municipal está ao pé de obra facendo un seguimento exhaustivo desta e de todas as actuacións e como mostra esta reunión e esta xuntanza mantida esta mañá.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario