Hai uns días o equipo redactor do documento esbozoulle aos grupos políticos as liñas xeras da revisión do documento. Estas liñas foron propostas unicamente polo PSOE, sen contar co resto de forzas políticas nin co movemento veciñal, nin coa sociedade Fene en xeral. Na opinión dos nacionalistas é un mal comezo para a revisión dun documento que ten que ser de toda a sociedade e non dun partido. A revisión do Plan xeral é, se cadra, un dos documentos máis importantes dos que poden aprobar nun concello. O BNG esixe a Puentes participación, sen condicións, na revisión do Plan Xeral.
Discrepancias ao documento; en liñas xerais o documento reflicte as seguintes cuestións coas que o BNG non coincide:
- 1º Redúcese dun xeito moi intenso o solo urbano Fene e Perlío, reducindo o número de vivendas previstas e ao mesmo tempo reducindo a previsión de crecemento do concello. A propia capital histórica do concello, Foxas ou a Porta do Sol en Fene pasan a solo de núcleo rural, así como ás Chancas, a Rúa Alta ou Mundín en Perlío.
- 2ºDesaparecen as centralidades urbanas nas parroquias, sendo sustituidas por solo de núcleo rural.
- 3º Amplíase o solo industrial en un millón de metros cadrados dende Vilar do Colo a Limodre.
O BNG aposta por manter as centralidades urbanas das parroquias xa que están dotadas de todos os servizos. O cambio de clasificación limitará moito o desenvolvemento dos servizos,comerciais e hostaleiros nestas zonas. Defendemos o desenvolvemento da trama urbana de Perlio, Fene e San Valentín como gran aérea urbana do municipio. Na ampliación do chan industrial apostamos pola potenciación do existente tanto na beira do mar en Perlío (antiga ASTANO) como en Vilar do Colo. O BNG aposta por unha ampliación, nunha terceira fase de 350.000 metros cadrados no polígono industrial.
En opinón do portavoz nacionalista, Manuel Polo, “existe unha contradición entre a xustificación da ampliación do solo industrial e a reducción do solo urbano residencial, ademais con este avance de PXOM o pobo de Fene verá devaluado o valor global do concello, por isto animamos a todo o mundo a presentar suxestións na web Consellería de Medioambiente, Territorio e Infrastuturas http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=1178

.
No hay comentarios:
Publicar un comentario