martes, 11 de enero de 2011

Charla sobre enfermidade cardiovascular para persoas en edade avanzada na Casa da Cultura

Dende os Servizos Sociais Do Concello de Fene estase a levar a cabo un ciclo de charlas enfocadas a un proceso de sensibilización comunitaria en materia de saúde e coidado das persoas dependentes. O Obxectivo principal deste Programa é o de fortalecer emocional, psicolóxica e fisicamente ás persoas coidadoras de persoas dependentes no termo municipal, á vez que informar sobre as enfermidades que crean dependencia e sensibilizar á poboación no eido da prevención.

A charla que se desenvolverá o próximo xoves día 13 e xaneiro de 2011 é a que de seguido se indica:


A enfermidade cardiovascular no doente de idade avanzada: aspectos prácticos

PONENTE:
 Doutor D. Enrique Iglesias Río (especialista en cardioloxía)

DATA E HORA: Xóves 13 de xaneiro 2011 - 19:30horas

LUGAR: Casa da Cultura do Concello de Fene

CONTIDOS DAS PONENCIA:

• A Fibrilación Auricular.
• A Cardiopatía Isquémica Estable.
• A Hipertensión Arterial.
• A Hiperlipemia.

O obxectivo desta actividade,é axudar ás persoas coidadoras e a poboación xeral a ter máis coñecemento da enfermidade, axudar a detectar síntomas e poder previr o avance da mesma.

MÁIS INFORMACIÓN: SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
RESPONSÁBEL DA ACTIVIDADE: MARÍA JOSÉ PAZ RODRÍGUEZ – PEDAGOGA MUNICIPAL
Avda. Naturais, 44 – entresollado
981 34 26 07 - 981 49 27 06

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario