martes, 11 de enero de 2011

Natación escolar en Fene

Alumnos de primaria do varios centros de ensino de Fene participan na actividade de natación escolar de forma gratuíta que promove o Concello de Fene a través da súa Concellería de Cultura, Xuventude e Deportes. O Concello fenés ten como un dos seus obxectivos no ámbito deportivo garantir o achegamento e coñecemento de todos os nenos á actividade deportiva da natación e ao medio acuático.

Toman parte nesta iniciativa nenas e nenos dos colexios de CPI A Xunqueira de San Valentin, CEIP Centieiras de Perlío, o Colexio Jorge Juan de Perlío, o CEIP O Ramo de Barallobre, CEIP Os Casais de Maniños así como o alumnado de ASPANEPS de Fene.

Durante este curso, o programa desenvólvese os días lectivos dende o 10 de xaneiro ata o 2 de xuño de 2011. O horario de realización é de 11:15 a 12:45 h. dividido en dúas franxas de 45 minutos.
Cada centro escolar pode solicitar de forma gratuíta as horas que lle correspondan segundo o número de alumnos de primaria escolarizados no mesmo, garantindo deste xeito que todo o alumnado asista como mínimo á actividade de natación un día á a semana durante un trimestre.

Os horarios establecidos poden modificarse no mes de xuño, por mor da xornada intensiva dos centros de ensino (sempre que sexa posible e a petición dos propios centros.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario