A concellería de Servizos Sociais a través do seu Departamento de Servizos Sociais pon en marcha unha serie de actividades chamadas “tardes activas” orientadas a persoas que se atopan na madurez da vida. O programa desenvolverase entre xaneiro e maio do vindeiro ano.
Tardes Activas é un proxecto incluído no progra-ma de Envellecemento Satisfactorio que vén desenvolvendo o Departamento de Servizos Sociais nos últimos anos. Dende esta perspectiva enténdese que o envellecemento é un proceso para o cal debemos ir preparándonos ao longo das diferentes etapas da vida. Un dos aspectos máis importantes para isto é manterse activo/a buscando o mantemento e desenvolvemento das nosas capacidades físicas, emocionais, mentais, educativas e sociais.
Con este proxecto preténdese promover esta perspectiva ofertando actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez co fin de que podan gozar dun tempo de lecer activo e gratificante.
As actividades levaranse a cabo de decembro a maio de forma itinerante polas diferentes parroquias a través das entidades veciñais e culturais que representan a cada unha delas. Cada persoa poderá elixir libremente as actividades ás que acudir independentemente da parroquia na que viva.
Dependendo do tipo de actividade estas realizaranse en dúas sesións de dúas horas ou en tres de unha hora e media, sendo:
Tardes en familia: . Poderá acudir unha persoa adul-ta soa ou cun ou varios nenos/as (fillos/as, sobri-ños/as, netos/as…). A idea é descubrir novos xogos e actividades para realizar cos máis pequenos/as á vez que comparten con eles/as os que xa sabían e lles transmiten os seus valores e coñecementos. S.C.R. O Pote de Maniños; AAVV San Xurxo de Ma-galofes; e AAVV Limodre
DECEMBRO: Tardes en Familia
Mércores 15, 22 e 29 de 18:00-19:30 AA.VV San Xurxo. Magalofes. Tl: 981344453/690112768
MAIO: Tardes en Familia
• Venres 6, 13 e 20 de 18:00 a 19:30 no S.C.R. O Pote. Tlfno: 981360707
• Xoves 5, 12 e 19 de 17:30 a 19:00 na AAVV Limodre. Tlfno: 981460508/636106995
Obradoiro de activación da memoria: realizaranse actividades que nos obriguen a manter activas as nosas capacidades mentais básicas (memoria, con-centración, atención…). S.C.R. Agarimo de Sillobre e CCRD Perlío.
XANEIRO: Obradoiro de activación da memoria
• Luns 17, 24 e 31 de 19:00 a 20:30 no C.C.R.D. Perlío. Tlfno: 981340283
FEBREIRO:
- Obradoiro de activación da memoria. Mércores 2, 9 e 16 de 19:00 a 20:30 S.C.R Agarimo. Tlfno: 981340694
Obradoiro de liberación de estrés: a través de dife-rentes técnicas como a risa ou a relaxación creativa deixaremos de lado as nosas preocupacións diarias. CMI Unidade de Fene.
Obradoiro de sexualidade na madurez: Trátase dun espazo para falar da afectividade e a sexualidade como unha área da nosa vida que ten que seguir activa na madurez. CPS San Valentín.
MARZO: Obradoiro de liberación de estrés
Mércores 16, 23 e 30 de 18:30-20:00 no CMI Uni-dade de Fene. Tlfno: 981342954
Obradoiro da Risa: un obradoiro no que practicare-mos a risa como elemento relaxante e comunicador. Comprenderá actividades e dinámicas que provo-quen en nós sentimentos positivos e relaxantes. CPS Liga de Amigos de Barallobre
ABRIL: Obradoiro da Risa
Mércores 8 e 15 de 17:30 -19:30 na S.C.R Liga de Amigos de Barallobre. Tlfno: 981360477
Fene, a 13 de decembro de 2010.
DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
CONCELLO DE FENE
AVDA NATURAIS 44
TELÉFONO: 981342607/981492607
ENDEREZO ELECTRÓNICO: servizos.sociais@fene.dicoruna.es
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario