lunes, 13 de diciembre de 2010

O BNG apoia aos veciños do Sartego para arranxar o seu camiño

Varios veciños da zona do Sartego levan máis de un ano intentando resolver problemas de acondicionamento do camiño de Sanxiá e tamén a carencia de augada traida a 14 vivendas desa zona. O portavoz do BNG no concello, Manuel Polo, logo de manter unha xuntanza cos mesmos rexistrou unha petición de xuntanza entre os veciños do Sartego en Fene e os grupos políticos municipais. A incapacidade do goberno local e concretamente do edil de obras fai que teña que ser o BNG quen leve a iniciativa para resolver os problemas dos veciños. En palabras dos veciños “ primeiro nos dan largas e logo nin collen o telefono” por último se excusan na oposición para non facer nada.

O BNG na súa proposta de orzamentos de 2011 xa incluiu entre outras o arranxo deste camiño. Desde o grupo municipal nacionalista agardamos unha resposta do goberno de Puentes ao documento de orzamnetos para 2011 propostro hai xa 15 días.

Para o portavoz nacionalista no concello, Manuel Pol, “é moi preocupante o baixo rendemento deste goberno que mestura a novatada co pasotismo máis descarado”.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario