lunes, 13 de diciembre de 2010

O Goberno de Fene apoia as reivindicacións dos veciños do Sartego e comprométese a buscar unha solución

O Goberno de Fene comprende e apoia as demandas dos veciños do camiño de Sanxiá no Sartego na parroquia de Fene. Estes veciños dialogaron hai uns días con membros do goberno municipal para expoñerlles os seus problemas de falta de auga e asfaltado do seu camiño. O Goberno fenés explicoulles que o camiño de Sanxiá está afectado polo Plan de Urbanismo do 2003, aprobado pola anterior Corporación Municipal. Este vieiro englógase dentro dun APE (Area de Planeamento Específico) que na practica dificulta a actuación por parte do Concello, e polo tanto está condicionado polo propio planeamento urbanístico de Fene, aprobado no 2003 e que non foi apoiado no seu día polo PSOE, daquela na oposición. De todas formas, o Goberno municipal que dirixe Iván Puentes estuda a forma xurídica adecuada para abordar estes dous servizos que considera básicos para os veciños, como son o abastecemento de auga e o asfaltado do camiño.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario