jueves, 23 de diciembre de 2010

O Concello de Fene aproba as obras de abastecemento de auga e a pavimentación de camiños en O Valado en Sillobre

As obras teñen un orzamento de 155.000 euros e un prazo de execución de 3 meses.

A actuación realízase a cargo do plan E e parte das obras foron demandadas polos veciños a través dos “presupostos participativos”

O Concello de Fene a través da súa Xunta de Goberno Local reunida esta mañá aprobou o comezo das obras de abastecemento de auga e a pavimentación do camiño que une O Valado na parroquia de Sillobre coa Pegariña na parroquia de Fene. Tamén se acordou o asfaltado do vieiro que circula entre O Valado en Sillobre e Rio de Sar en Fene. A obra ten un orzamento previsto de 155.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. O alcalde de Fene Iván Puentes declarou que con esta obra se prestan importantes servizos básicos a unha zona do Concello que todavía con carencias nestas materias de pavimentación e suministro de auga. O rexedor puntualizou que esta obra foi demandada polas veciñas e veciños de Sillobre no proceso de “orzamentos participativos” que puxo en marcha o actual goberno municipal. Puentes destacou que con esta obra compleméntase máis a conexión con vías asfaltadas e pavimentadas as parroquias de Sillobre e de Fene.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario