Alumnos de primaria do varios centros de ensino de Fene participarán na actividade de natación escolar de forma gratuíta que promove o Concello de Fene a través da súa Concellería de Cultura, Xuventude e Deportes. O Concello fenés ten como un dos seus obxectivos no ámbito deportivo garantir o achegamento e coñecemento de todos os nenos á actividade deportiva da natación e ao medio acuático.
Durante este curso, o programa desenvólvese os días lectivos dende o 10 de xaneiro ata o 2 de xuño de 2011. O horario de realización é de 11:15 a 12:45 h. dividido en dúas franxas de 45 minutos.
Cada centro escolar pode solicitar de forma gratuíta as horas que lle correspondan segundo o número de alumnos de primaria escolarizados no mesmo, garantindo deste xeito que todo o alumnado asista como mínimo á actividade de natación un día á a semana durante un trimestre.
Os horarios establecidos poden modificarse no mes de xuño, por mor da xornada intensiva dos centros de ensino (sempre que sexa posible e a petición dos propios centros.
Asistirán a esta actividade todos os alumnos de primaria dos centros que fixeron a súa solicitude: CPI A Xunqueira, CEIP Centieiras, : Colexio Jorge Juan, CEIP O Ramo: CEIP OS Casais, así como o alumnado de : ASPANEPS FENE.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario