viernes, 10 de diciembre de 2010

O BNG REXISTRA UNHA MOCIÓN CONTRA OS RECORTES SOCIAIS NOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALIZA DE 2011

O Portavoz nacionalista no concello de Fene, Manuel Polo, ven de rexistrar unha moción contra os recortes nas políticas sociais da Xunta de Galiza para o ano 2011. Nestes orzamentos a Xunta de Galiza recorta drasticamente os recursos destinados as políticas sociais e, nomeadamente, as transferencias que en materia social realiza a administración galega aos concellos. Fene en concreto que está a ser víctima do desemprego e dos recortes do goberno autonómico, a segunda escola infantil proxectada para o Carril en Barallobre, o posíbel peche do CEIP de Maniños, a negativa á concesión de cursos de formación, ou a previsible reducción dos orzamentos en programas sociais, con máis de 1200 persoas desempregadas no concello, veñen a certificar as políticas anti sociais do PP.

Xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender as persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias, o PP na Xunta de Galiza, por medio dos orzamentos, vén conxelar para 2011 as partidas dedicadas a estas persoas, como son as prestacións sociais de carácter periódico destinadas a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, como a renda de integración social de Galiza (RISGA); as Axudas de Emerxencia Social; o Servizo de Asistencia no Fogar e as destinadas ao financiamento dos Plan Concertado e de Servizos Sociais Comunitarios.

A Xunta de Galiza e o Parlamento galego deben resolver que os orzamentos para 2011 aseguren os recursos necesarios para que os concellos sigan ofrecendo á sociedade os servizos e prestacións sociais que esta demanda, especialmente diante da crise económica e social que atravesamos, e en concreto:

· Incrementar nunha porcentaxe mínima do 50% as partidas destinadas as rendas de integración social (RISGA), as axudas de emerxencia social e ao Servizo de Asistencia no Fogar.

· Dedicar, como mínimo, ao Plan Concertado e ao Programa de Servizos Sociais Comunitarios, as cantidades consignadas nos orzamentos de 2009 (20 millóns de euros e 10 millóns de euros, respectivamente).

· Dedicar unha partida mínima de 5 millóns de euros ao desenvolvemento do segundo Plan Galego de Inserción Social a través das oficinas de I+B, dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

· Dedicar, como mínimo, 1 millón de euros á execución do Plan Especial de Atención a Comunidade Xitana.

· Dedicar un partida mínima de 500.000 euros ao Programa de Atención a Persoas sen Fogar.

· Restabelecer e incrementar nunha porcentaxe como mínimo do 20%, respecto ao consignado nos orzamentos de 2010, os fondos destinados aos concellos para apoio as familias e aos convenios para os equipos de inclusión social das sete cidades e do Consorcio das Mariñas.

E, finalmente, os concellos galegos deben, consecuentemente, comprometerse a manter e respectar sen recorte algún, de cara aos orzamentos de 2011, os investimentos en servizos sociais previstos nos orzamentos de 2009 ou 2010, segundo o último orzamento aprobado.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario