viernes, 10 de diciembre de 2010

Deputación e Concello retoman o proxecto de supresión do cruce do Rego da Moa na N-651

A Deputación comprometeuse a financiar o proxecto que sobrepasa o millón de euros.

A actuación consiste en suprimir o cruce entre a N-651 e a estrada provincial DP-3503 que comunica Barallobre con San Marcos.

A obra podería comezar o vindeiro ano, segundo o acordo alcanzado esta mañá por ambas administracións.


O alcalde de Fene Iván Puentes e representantes da AA.VV de Magalofes, entre eles o concelleiro do BNG Manuel Pico e o directivo José Luis Pena, reuníronse esta mañá co presidente da Deputación Provincial de A Coruña Salvador Fernández Moreda para falar do proxecto de supresión do cruce do Rego da Moa. A Deputación comprometeuse coa financiación e a resolución da obra coa colaboración do Concello para negociar os terreos cos propietarios, que mercará finalmente o propio ente provincial. A actuación dividirase en duas partes. Unha primeira onde se construirá un desvio dende os antigos “Os Hexágonos” ata a gasolinera do polígono industrial de Vilar do Colo. Son aproximadamente 100 metros onde máis do 80% son terreos propiedade de SEPES. A segunda parte significará o desvio entre a baixada de Magalofes e a rotonda de Vilar do Colo, N-651 e As Pontes. A totalidade da obra ten un orzamento previsto de máis dun millón de euros.

O presidente da Deputación comprometeuse a incluir o comezo da obra nos orzamentos do 2011, concretamente a primeira actuación que ten un orzamento inicial de pouco máis de 100.000 euros.

A supresión do cruce do Rego da Moa era unha demanda insistente dos veciñas/os de Magalofes afirma o alcalde de Fene Iván Puentes. O rexedor engade que no ano 2008 mantiveron unha primeira reunión coa Deputación de A Coruña para plantexarlles o tema. Daquela, apunta Puentes, o Concello encargouse de facer o proxecto da obra e a Deputación de financiala e executala. O proxecto xa está elaborado dende o 2008 pero a Deputación non poido incluilo nas súas partidas orzamentarias nos anos 2009 e 2010. Na reunión desta mañá na Coruña o presidente provincial comprometeuse a comezar a obra no 2011 e adicar unha partida presupuestaria a esta actuación.

Ante o perigo que supón este cruce entre as estradas N-651 e a carretera provincial DP-3503, o Concello tomou a decisión de solicitar ao Ministerio de Fomento a urxencia de suprimir o terceiro carril de subida e construir dous carrís, un de incorporación e outro de subida para incrementar a seguridade dos vehículos no citado cruce.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario