O único atranco para iniciar as obras dos plans provinciais é o concelleiro delegado de obras do concello de Fene. Para os nacionalistas resulta unha burla aos veciños o alto nível de incumprimento deste concelleiro. As obras incluidas nos Plans provinciais da Deputación seguen sen se inciar, e máis a previsión da mesa de contratación anunciada polo goberno municipal é para o vindeiro martes 14 e non para o venres pasado tal e como informou o concelleiro delegado de obras a través dos medios de comunicación. Desde o BNG vemos con moita preocupación que Fene sexa o único concello da provincia que non teña iniciada ningunha obra dos Plans provinciais desde o ano 2007. No mellor dos casos, a mesa de contratación do vindeiro martes deixara resolta a adxudicación do muro de contención do camiño das Chancas que en ningún caso dará comenzo a súa execución antes do ano 2011. Logo quedan unhas corenta obras valoradas en máis de dous millóns de euros pendentes de executar dos diferentes plans, que fundamentalmente son saneamentos, ampliacións da traida de auga e arranxos de camiños e rúas.
Para o portavoz nacionalista Manuel Polo, "no último pleno quedou en evidencia que este goberno non ten capacidade de xestión e que por riba engana aos veciños, e nós temos que esixirlle a Puentes que tome o mando e pase das palabras aos feitos logo de tres anos perdidos".
No BNG chama a atención como non se é capaza de xestionar un programa de obras aprobado por unanimidade e que conta co respaldo do ente provincial, tal e como manifestou o propio presidente Moreda na súa visita a Fene o pasado mes.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario