sábado, 11 de diciembre de 2010

O Concello instalará Wifi en varias prazas e parroquias de Fene no vindeiro mes

Fene disporá de wifi en todo o seu termo municipal grazas a adxudicación da obra aprobada esta mañá.

A Actuación englóbase dentro do plan E de investimento local do Goberno de España e ten un orzamento de 130.000 euros

O Concello de Fene súmase ao progreso e as novas tecnoloxías. O Concello pon a disposición da cidadania un servizo, que se presume esencial co paso do tempo e que significa unha vangarda tecnoloxica na comarca. Esta mañá o Concello adxudicou na mesa de contratación a obra para a instalación de wifi en varias partes do centro urbán de Fene e tamén en todas as parroquias do termo municipal. Deste xeito, instalarase wifi na praza do Concello, no parque Castelao na parroquia de Fene. En Perlío haberá este servizo na Praza Verde mentres que en San Valentín o concello instalará esta cobertura na praza da Cooperación. Tamén está previsto a súa instalación nos arredores da Asociación de Veciños de Magalofes, no atrio da igrexa de Sillobre, nos arredores dos locais do CPS-Liga de Amigos de Barallobre, no Pote de Maniños e nos arredores da pista polideportiva de Limodre. A instalación deste servizo ten un prazo de entrega de 60 días.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario